martes, 18 de marzo de 2014

Xade

XADE (Xestión Administrativa da Educación)

O XADE é un programa que serve para  xestionar datos e procesos que se levan a cabo  nun centro educativo

martes, 11 de marzo de 2014

Educación Física - Presentación

Psicomotricidad


Juegos con paracaídas




HIXIENE PERSOAL

Un novo recurso máis para traballar contidos relacionados coa hixiene do corpo (en concreto á ducha, lavar os dentes). A lingua utilizada é o castelán e está dividido nos seguintes apartados:
- Atender: Conto relacionado sobre a temática do aseo persoal.
- Xogar: Algúns son axeitados para PDI, outros non (funcionan co teclado).
- Ver: Galería de fotografías relacionadas coa hixiene (bañeira, ducha, xabrón,...) e Museo con obras de arte sobre o tema.
- Oir: Sons, poesía da hixiene,...

- Tocar: Fichas para imprimir e recortar, colorear,...

DIRIXIDO A: Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.

HÁBITOS ALIMENTARIOS

A través deste completo recurso flash poderemos traballar os aspectos básicos dunha dieta completa e axeitada co cal poderemos reforzar o importante obxectivo de que os nenos/as aprendan a comer sano. Ademáis dun xogo sobre a pirámide de alimentos, o recurso incorpora unha serie de notas teóricas sobre os hábitos alimentarios que debemos ter, trastornos da conducta alimentaria, recetas, ...
É por tanto un recurso aplicable, en función da profundidade coa que se trate, tanto a Infantil, Primaria ou ESO. Para a Secundaria e os niveis máis altos de Primaria poderíase realizar unha webquest utilizando este recurso para obter diferentes informacións en relación coa conducta alimentaria.
Aquí vos deixo o enlace para que poidades perdervos nel. Outra posibilidade é abordar o recurso a través dun mapa web.

BAILE DAS VACAS LOBOTÓMICAS

Alguén se atreve a bailar con videoclip incorporado?

¡Subiendo las manos y dando una vuelta, 
arriba y abajo los pies hacia fuera!



DESTINATARIOS: Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.

ÓSOS E MÚSCULOS

Un xogo axeitado para PDI para traballar os principais ósos e músculos do corpo.
Desvantaxes:
- Os debuxos son demasiado infantilizados. Moi lonxano da realidade.
- Non ofrece aprendizaxe titorado previo. É só avaliativo.
- Faltan moitos elementos tanto do esqueleto coma dos músculos que son tan ou máis importantes coma os que avalía.
Vantaxes:
- Ofrece un feedback inmediato do acerto ou fallo e fai a corrección.
- Pode ser útil nalgún momento puntual coma xogo de entretenemento ou para avaliar o grao de coñecemento dos elementos que aparecen no recurso.

Destinatarios: Ata 2º de Educación Primaria.

APLASTANDO BICHOS


Kill Bug é outro dos xogos que atopamos na rede para xogar con webcam. Consiste en matar os insectos movendo brazos e mans co fin de evitar que se coman a froita.

Kill Bug

ENCHUFA A TUA WEB E A XOGAR!


Ligazón: http://www.minijuegos.com/juegos/jugar.php?id=4713

martes, 4 de marzo de 2014

Ludos

CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
Tratamento da información e competencia dixital.
Doutra banda, esta área colabora, desde idades temperás, á valoración crítica das mensaxes e estereotipos referidos ao corpo, procedentes dos medios de información e comunicación, que poden danar a propia imaxe corporal. Desde esta perspectiva contribúese en certa medida á competencia sobre o tratamento da información.
LUDOLANDIA
ef.jpg

domingo, 2 de marzo de 2014

COMO FUNCIONA O CORAZÓN?

A páxina web da Sociedade Española de Cardioloxía ten na súa web unha especie de infografía realizada en flash sobre o funcionamento do corazón. Podemos observar en 3D o movemento que realiza cos latidos. Unha visión moi realista do noso órgano máis vital.

Ligazón: http://www.fundaciondelcorazon.com/informacion-para-pacientes/como-funciona-el-corazon.html

sábado, 1 de marzo de 2014

INFOGRAFÍAS PARA EDUCACIÓN FÍSICA

A wikipedia define infografía coma unha representación máis visual ca dos textos, na que interveñen descripcións, narracións ou interpretacións, presentadas de xeito gráfico. O termo tamén estase a popularizar para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por ordenador. Máis específicamente adoita facer referencia á creación de imaxes que tratan de imitar o mundo tridimensional.
Tras realizar unha búsqueda de infografías útiles para a nosa área, aquí vos presento o resultado. Algunhas estarían máis enfocadas á ESO que a Primaria, pero considerei oportuno engadilas para poder recurrir a elas en caso oportuno. Se atopades algunha máis, engadídea a este post.

DEPORTES 

Infografía sobre Atletismo
Infografía sobre Badminton
Infografía sobre Baloncesto
Infografía sobre Balonmano
Infografía sobre Voleibol
Infografía sobre Esgrima
Infografía sobre Judo
Infografía sobre Natación 
Infografía sobre Tenis
Infografía sobre Senderismo
Infografía sobre Esquí Alpino
Infografía sobre lesións no Fútbol
Infografía sobre Saltos de Esquí
Infografía sobre Patinaxe Artístico
Infografía sobre Waterpolo

 

Buscar este blog

Códigos QR / Qr Codes